español | galego | english | deutsch | français | русский
puertadelcamino

A Cidade

 


Santiago de Compostela é a capital administrativa, social e comercial da comunidade autónoma galega e declarada patrimonio da humanidade. Constitúe a meta final da ruta de peregrinación xacobea, mostrándose ante o viaxeiro co esplendor legado por séculos de deseño arquitectónico.



Hoxe Santiago de Compostela é un destino capaz de acoller tanto ao turista de vacacións como ao de negocios grazas á súa impresionante riqueza cultural e ás súas modernas infraestruturas.

Turismo pola cidade

O percorrido turístico pódese empezar na Praza do Obradoiro, que é o lugar onde se atopan os monumentos máis importantes: a catedral, o Pazo de Raxoi (Concello), o Colexio de San Xerónimo (antigo colexio universitario) e o Hostal dos Reis Católicos.


 

plaza_obradoiro

Plaza del Obradoiro

catedral

Catedral de Santiago de Compostela


É barroca, do século XVIII. Arriba, no centro está Santiago. Un nivel máis abaixo, o seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro. Todos vestidos de peregrinos. No medio pode verse a urna e a estrela entre ánxeles e nubes. Na torre da dereita está a estatua de María Salomé, e na torre da esquerda, o seu esposo e pai de Santiago Zebedeo. Á esquerda sobre a balaustrada vese a Santa Susana e San Xoan e á dereita sobre a balaustrada, Santa Bárbara e Santiago o Menor. O edificio da dereita do espectador é o claustro. O da esquerda, é o Palacio de Xelmírez, século XII.


© Hotel Puerta del Camino. 15703 Santiago de Compostela. Tlf 981 569 400 | info@puertadelcamino.com | Contacto | Mapa web | Aviso legal